Comunicado
e propostas da Xuventude Comunista ante a situación
do
sector lácteo en Galiza
O pasado 28 de agosto reuniuse a Mesa do Sector Lácteo
(composta por Industria, produtores e distribución), presidida polo
ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambente, Miguel Arias
Cañete. As principais esixencias dos sindicatos eran establecer un
precio digno do leite por riba dos costes de produción, así como a
regularización dos contratos entre gandeiros/as e empresas do
sector, cunha duración mínima de un ano. Tamén se falou das PAC e
do Plan Europa 2014-2020, que inflúen directamente no sector.
A pesar das declaracións feitas a posteriori polo
Goberno, que parecía atender a parte das peticións feitas, o pasado
27 de setembro coñecimos a aprobación do Real Decreto
de impulso ao sector
lácteo, que non cumpre en absoluto as esixencias dos
sindicatos e dos gandeiros/as, facendo unha lectura “propia” dos
acordos tomados na Mesa.
Diferentes sindicatos pediron xa que non se estableza a
obrigatoriedade dos contratos por considerar que se trata dunha
medida erronéa que afondará ainda máis na crise de prezos que
padece o sector, especialmente na Galiza, sendo o valor do leite en
orixe unha das máis baixas da Unión Europea, ao manterse nunha
media de 27-28 céntimos por litro. Isto ocorre porque non existen os
axeitados mecanismos de negociación entre os gandeiros e a
industria, é dicir, son as empresas as que impoñen o prezo,
quedando desprotexidos os produtores, que nin tan sequera poden
elixir o comprador.
O Real Decreto nin tan sequera fixa uns índices de
referencia para os prezos, nin remata co proceso de constitución das
organizacións de produtores lácteos (OPLs). Deste xeito, estáselle
dando á industria unha poderosa ferramenta de coacción fronte ás
produtoras e produtores, que se verán na obriga de vender o seu
produto a prezos ruinosos impostos nos seus contratos.
En Galiza, primeiro produtor de leite do Estado (37% do
total no ano 2010), esta realidade afóndanos máis na crise do
sector e do sistema capitalista, ao depender zonas enteiras do
interior da producción láctea (especialmente na provincia de Lugo).
O número de explotacións lácteas reduciuse nos últimos vinte anos
en 17.000 explotacións, pasando de haber en 1992 unhas 34.500 a
existir tan só 17.000 no ano 2008. Só no ano 2010, pecharon 722
desas explotacións.
Isto supón a necesidade de emigrar para moitas mozas e
mozos hacia as grandes urbes, provocando o envellecemento das
poboacións rurais e a desarticulación de toda a infraestrutura dos
servizos sociais e públicos, que se viron fortemente recortados e
afectados polas últimas medidas dos gobernos de PSOE e PP.
A Xuventude Comunista fai súa a loita dos e das
traballadoras do sector lácteo e rexeita as medidas levadas a cabo
en Europa dende a creación das PAC no ano 1962 e a súa inclusión
no Estado español no ano 1986, comezando así a decandencia e futuro
desmantelamento do sector en Galiza. Dende a XC cremos que son
urxentes medidas de recuperación e a restruturación do sector nun
cambio de modelo económico radical, xa que entendemos que non é
posible no sistema capitalista.
Galiza, na que predomina o minifundio, é un dos
territorios máis atacados polo Plan Europa 2014-2020, é dicir, pola
progresiva desarticulación do minifundio en beneficio das grandes
empresas madeirísticas (como así demostra a recente Lei de Montes
aprobada pola Xunta).
Por todo o dito anteriormente a Xuventude
Comunista propón:
1-
Que o goberno estableza
un precio mínimo de
36 céntimos por litro
para a venda do
leite, e cree os
mecanismos necesarios para
que sexan os gandeiros/as
quenes decidan a quen
e por canto venden
os seus productos.
Tamén
pedimos
a
inmediata
derogación
do
real
decreto
por
creer
que
a
súa
aplicación
supoñera
o
desmantelamento
total
do
sector.
2-
Rexeitamento inmediato da
PAC vixente e futura
por
creer
que
soamente
beneficia
ás
grandes
empresas
do
sector
e
a
eliminación
das
axudas
xa
que
supoñen
un
dos
grandes
argumentos
que
as
grandes
empresas
lácteas
utilizan
para
baixar
o
prezo
do
leite.
3-
Creación dun banco público
de terras que permita
os/as gandeiros galegos
acceder a terras que
na actualidade non se
traballan e deste xeito
permitir aos gandeiros o
acceso ás materias primas
abaratando
os
costes
de
producción
dos
seus
productos
e
que
sexan
menos
dependentes
das
grandes
empresas
de
alimentación
gandeiro.
Ademaís
a
creación
dun
banco
de
terras
permitirá
e
axudará
a
que
non
se
siga
a
perder
terra
productiva
agrícola
en
Galiza. Tamén
esiximos
que
se
derogue
a
nova
lei
de
montes
aprobada
no
Parlamento
de
Galiza
por
favorecer
de
forma
descarada
a
creación
de
montes
mancomunados
controlados
polas
grandes
empresas
madeirísticas
en vez
de
favorecer
a
creación
de
novas
zonas
de
cultivos agrícolas.
4-Creación
dun Banco Público de
Crédito Agrícola SEN FINS
ESPECULATIVOS,
para
favorecer
que
os
gandeiros/as
poidan
acceder
as
melloras
tecnolóxicas
que
precisa
o
sector
para
aumentar
a
producción
e
achegarnos
aos
niveis
de
produción
europea.
5-Recuperación
de todos os servizos que durante os últimos 30 anos se foron
perdendo no Medio Rural (reapertura
de centros de ensino, centros médicos...), para garantir o acceso a
educación, sanidade...
Dende a Xuventude Comunista estamos seguros de que
estas medidas, orientadas a un futuro cambio de modelo económico e
político, evitarán a despararición deste estratéxico sector en
Galiza e evitarán a emigración da mocidade do campo hacia as urbes,
evitando deste xeito a desaparición de centos de pobos.
