domingo, 25 de noviembre de 2012

Comunicado e propostas da Xuventude Comunista ante a situación
do sector lácteo en Galiza

O pasado 28 de agosto reuniuse a Mesa do Sector Lácteo (composta por Industria, produtores e distribución), presidida polo ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambente, Miguel Arias Cañete. As principais esixencias dos sindicatos eran establecer un precio digno do leite por riba dos costes de produción, así como a regularización dos contratos entre gandeiros/as e empresas do sector, cunha duración mínima de un ano. Tamén se falou das PAC e do Plan Europa 2014-2020, que inflúen directamente no sector.

A pesar das declaracións feitas a posteriori polo Goberno, que parecía atender a parte das peticións feitas, o pasado 27 de setembro coñecimos a aprobación do Real Decreto de impulso ao sector lácteo, que non cumpre en absoluto as esixencias dos sindicatos e dos gandeiros/as, facendo unha lectura “propia” dos acordos tomados na Mesa.

Diferentes sindicatos pediron xa que non se estableza a obrigatoriedade dos contratos por considerar que se trata dunha medida erronéa que afondará ainda máis na crise de prezos que padece o sector, especialmente na Galiza, sendo o valor do leite en orixe unha das máis baixas da Unión Europea, ao manterse nunha media de 27-28 céntimos por litro. Isto ocorre porque non existen os axeitados mecanismos de negociación entre os gandeiros e a industria, é dicir, son as empresas as que impoñen o prezo, quedando desprotexidos os produtores, que nin tan sequera poden elixir o comprador.

O Real Decreto nin tan sequera fixa uns índices de referencia para os prezos, nin remata co proceso de constitución das organizacións de produtores lácteos (OPLs). Deste xeito, estáselle dando á industria unha poderosa ferramenta de coacción fronte ás produtoras e produtores, que se verán na obriga de vender o seu produto a prezos ruinosos impostos nos seus contratos.

En Galiza, primeiro produtor de leite do Estado (37% do total no ano 2010), esta realidade afóndanos máis na crise do sector e do sistema capitalista, ao depender zonas enteiras do interior da producción láctea (especialmente na provincia de Lugo). O número de explotacións lácteas reduciuse nos últimos vinte anos en 17.000 explotacións, pasando de haber en 1992 unhas 34.500 a existir tan só 17.000 no ano 2008. Só no ano 2010, pecharon 722 desas explotacións.

Isto supón a necesidade de emigrar para moitas mozas e mozos hacia as grandes urbes, provocando o envellecemento das poboacións rurais e a desarticulación de toda a infraestrutura dos servizos sociais e públicos, que se viron fortemente recortados e afectados polas últimas medidas dos gobernos de PSOE e PP.

A Xuventude Comunista fai súa a loita dos e das traballadoras do sector lácteo e rexeita as medidas levadas a cabo en Europa dende a creación das PAC no ano 1962 e a súa inclusión no Estado español no ano 1986, comezando así a decandencia e futuro desmantelamento do sector en Galiza. Dende a XC cremos que son urxentes medidas de recuperación e a restruturación do sector nun cambio de modelo económico radical, xa que entendemos que non é posible no sistema capitalista.

Galiza, na que predomina o minifundio, é un dos territorios máis atacados polo Plan Europa 2014-2020, é dicir, pola progresiva desarticulación do minifundio en beneficio das grandes empresas madeirísticas (como así demostra a recente Lei de Montes aprobada pola Xunta).

Por todo o dito anteriormente a Xuventude Comunista propón:

1- Que o goberno estableza un precio mínimo de 36 céntimos por litro para a venda do leite, e cree os mecanismos necesarios para que sexan os gandeiros/as quenes decidan a quen e por canto venden os seus productos. Tamén pedimos a inmediata derogación do real decreto por creer que a súa aplicación supoñera o desmantelamento total do sector.

2- Rexeitamento inmediato da PAC vixente e futura por creer que soamente beneficia ás grandes empresas do sector e a eliminación das axudas xa que supoñen un dos grandes argumentos que as grandes empresas lácteas utilizan para baixar o prezo do leite.

3- Creación dun banco público de terras que permita os/as gandeiros galegos acceder a terras que na actualidade non se traballan e deste xeito permitir aos gandeiros o acceso ás materias primas abaratando os costes de producción dos seus productos e que sexan menos dependentes das grandes empresas de alimentación gandeiro. Ademaís a creación dun banco de terras permitirá e axudará a que non se siga a perder terra productiva agrícola en Galiza. Tamén esiximos que se derogue a nova lei de montes aprobada no Parlamento de Galiza por favorecer de forma descarada a creación de montes mancomunados controlados polas grandes empresas madeirísticas en vez de favorecer a creación de novas zonas de cultivos agrícolas.

4-Creación dun Banco Público de Crédito Agrícola SEN FINS ESPECULATIVOS, para favorecer que os gandeiros/as poidan acceder as melloras tecnolóxicas que precisa o sector para aumentar a producción e achegarnos aos niveis de produción europea.

5-Recuperación de todos os servizos que durante os últimos 30 anos se foron perdendo no Medio Rural (reapertura de centros de ensino, centros médicos...), para garantir o acceso a educación, sanidade...

Dende a Xuventude Comunista estamos seguros de que estas medidas, orientadas a un futuro cambio de modelo económico e político, evitarán a despararición deste estratéxico sector en Galiza e evitarán a emigración da mocidade do campo hacia as urbes, evitando deste xeito a desaparición de centos de pobos.

No hay comentarios: